Imagen 3

IESGA apoia a candidatura de Armesto a reitor da UDC

 

Dende IESGA queremos facer público o noso apoio á candidatura á Reitoria da Universidade da Coruña de Nova Luce, encabezada polo profesor Xosé Luís Armesto.

O estudantado da universidade representa o 28% dos votos totais emitidos. Isto supón un importante peso específico dentro do proceso. O estudantado sempre foi determinante á hora de decidir a victoria dos reitores. Nos tempos difíciles polos que estamos a pasar é máis importante que nunca implicarse, levantar a voz e reclamar o modelo de universidade que queremos. Agora máis que nunca temos que apostar todas e todos por un modelo de educación pública e de calidade, que é o defendido pola candidatura que IESGA apoia.

Desgraciadamente tivemos tempo de comprobar como a dereita está a desprestixiar  educación públca. O seu cuestionamiento constante está a facer moito dano a un sistema que de educación para todos e todas que levou moitos anos construír. Ese é o modelo da dereita cando alcanza o poder en calquera administración. Non hai máis que fixarse no que está a suceder en Galicia. O goberno autonómico está a precarizar e afogar orzamentariamente á nosa universidade, baixando drásticamente o noso orzamento, eliminando bolsas para estudantes, negándose a construir a residencia pública prometida (sendo a UDC a única universidade galega sen residencia pública de estudantes), non dotando dos medios económicos e de recursos humáns necesarios para facer a transición ó plan de estudos de Boloña, etc

Nesta situación celebrase a segunda volta das eleccións a reitor na UDC. Temos ante nós a posibilidade de elixir entre dous candidatos. Pero é moito máis que iso. Temos a posibilidade de elixir o modelo de universidade que queremos.

Xosé Luís Armesto foi vicerreitor de profesorado no actual equipo, durante os oito anos. En todo este tempo demostrou, con feitos, o modelo de universidade que defende: unha universidade pública, laica e de calidade. Unha universidade que apostou, a pesar do recurte no seu financiamento, por priorizar o servizo público. Unha universidade que decidíu suplir algunhas das funcións do goberno autonómico cando a dereita decidíu recortar. Así,  cando a Xunta recortaba en bolsas a estudantes a universidade aumentábaas, cando a Xunta se negaba a construír a residencia pública a universidade loitaba para conseguila, cando a Xunta olvidaba o importante do transporte público para o estudantado a universidade subvencionaba os  nosos billetes, cando a Xunta se despreocupaba polo importante paro e a destrucción de emprego en mozos e mozas titulados a universidade volcábase na creación de convenios con empresas para dar un primeiro paso cara inserción laboral dos seus estudantes… Estas son só algunhas das medidas que se tomaron polo equipo de goberno do que o profesor Armesto formou parte. Seguramente non se fixo todo ben, seguramente quedaron cousas no tinteiro, pero é ben certo que se fixeron moitas outras, que por fin na UDC, logo dunha longa noite de pedra, se apostou pola eduación pública, polos dereitos, se apostou por colocar ó estudantado no centro da política da universidade.

Pola outra banda se nos presenta o candidato da dereita, Luis Castedo, que intenta vendernos fume e maquillar o modelo de universidade que defende con bonitas frases e baixo unha falsa pluralidade ideolóxica. Este candidato, respaldado pola mesma dereita que está na Xunta de Galicia, pretende por en práctica no noso fogar, a universidade, o ataque á educación pública que leva facendo o goberno da dereita do noso país. Así, de chegares á reitoría, xa non haberá ninguna administración que defenda os intereses da universidade pública e dos seus estudantes.

A educación pública é os instrumento de igualdade máis importante desta sociedade. Os dereitos son aquelo que nos iguala a todos e todas.  A nosa é unha universidade na que todas e todos somos iguais, na que temos as mesmas oportunidades e que costou moitos anos construir. Unha universidade, tamén, na que queda moito camiño por facer e mellorar. Non podemos permitir que modelos elitistas e privatizadores, como ten demostrado a dereita alá onde goberna, cheguen a reitoría e destrúan o importante camiño feito por esta universidade así como todas as súas expectativas de futuro.

Por iso vos pedimos que vos movilicedes, que digades co voso voto o modelo de universidade que queremos. Pedímosvos que apoiedes á candidatura que defendeu e defende os nosos intereses, a nosa participación activa na vida da universidade; á candidatura que nos representa como estudantes e que loitará porque sigamos mellorando as condicións da nosa formación e da nosa inserción laboral, a candidatura de Xosé Luís Armesto.   

http://armesto2011.org/

SIDA2011VIH

Día Mundial contra o VIH-SIDA

O día mundial da loita contra a SIDA, conmemórase o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. O día 1 de decembro foi elixido debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, facéndoa unha das epidemias máis destrutivas da historia rexistrada.
INICIATIVA ESTUDANTIL GALEGA – IESGA no Día Mundial da Sida quere reiterar o seu firme compromiso e vontade de traballo na loita por políticas públicas de prevención, así como insistir na loita contra o estigma e a discriminación que sofren as persoas que viven co VIH e na firme importancia do diagnóstico precoz.
Creemos por tanto necesario, como se insista desde todos os organismos internacionais na inversión de programas de prevención para lograr o acceso universal a estas medidas.

En España, tampouco podemos baixar a garda porque cada ano e producen máis de 3.000 novas infeccións, polo que a dimensión da pandemia fai imprescindible chamar a atención de que non é só un problema que se produce noutros países, senón que tamén é necesario darlle respuesta no noso.

Defendemos a necesidade de romper co estigma e o medo para que as probas de detección convértanse nun hábito de saúde cotián. De igual modo, é fundamental que se garanta a adecuada asistencia sanitaria especializada de todas as persoas seropositivas.

Desde IESGA mantemos o firme compromiso de continuar con accións, proxectos e iniciativas de educación afectivo-sexual preventivas e de loita contra a discriminación e o estigma do VIH-SIDA.

Hoxe, no Día Mundial da Sida, lembramos a quenes faleceron a causa da sida; enviamos o noso apoio as súas familias; e reiteramos o noso compromiso coas persoas co VIH e alentamos e apoiamos a quen, desde as organizacións sociais ou desde as súas tarefas profesionais, traballan e dedican o seu tempo a dar unha resposta que reduza ou elimine o impacto desta pandemia e a garantir unha maior calidade, apoio e atención ás persoas seropositivas.

CONTRA O VIH/SIDA – PON A BARREIRA!

CARTELSIDA2011VIH

F-IESGA USC contra o VIH-SIDA en BLASTER

Solicitude de entradas en usc@iesga.es

 

 

XENERO25

25N “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

A asociación de estudantes progresista IESGA co gallo do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero” celebrado cada 25 de novembro, quere poñer de manifesto a súa  total e absoluta repulsa cara a violencia machista.

No que vai de ano, 71 mulleres perderon a vida a mans da súa parella, e por se estes datos non fosen suficientemente escalofriantes, cada
vez medran máis o número de mozas entre as víctimas, o que significa que aínda temos moito camiño por percorrer na loita contra o maltrato.

As asociacións de estudantes, no ámbito universitario, vemos a necesidade de emprender un camiño cara a igualdade entre as mulleres e
homes, un camiño no que a educación é un piar fundamental, un camiño que precisa dun cambio social e dunha aposta clara pola educación en igualdade, porque para eliminar o machismo no presente e no futuro o primeiro que temos que ser é conscientes da existencia e as consecuencias do mesmo.. E isto significa traballar a igualdade nas escolas, realizar actividades formativas, campañas divulgativas, accións que contribúan a poñer de manifesto a necesidade de darlle un “STOP ao maltrato…e un adiante á igualdade.

Debemos traballar para a inclusión da Educación para a Igualdade e contra a Violencia de Xénero nos curricula de educación primaria e
secundaria, así como de bacharelato, porque se educamos en igualdade, viviremos en igualdade. Para isto a formación do profesorado debe
integrar estes contidos nos seus plan de estudos, porque ningunha escola educará na igualdade mentres o profesorado careza da formación
necesaria a ese respecto.

IESGA é contraria á desprotección, ao medo, á soidade, aos insultos, ás agresións. IESGA é contraria á violencia de xénero “Ninguén é máis
que ninguén por iso, ante o maltrato, tolerancia 0” IESGA, unha vez máis,  fai súas as verbas de Kofi Annan (Secretario
General de las Naciones Unidas)

“A violencia de xénero é quizais a máis vergoñenta violación dos dereitos humans. Mentres continúe, non podemos afirmar que estamos
logrando progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz”.

Violenx

Día Internacional contra a Violencia de Xénero – 25 de Novembro

Estos días poderás atopar na Fac. de CC. da Educación no Campus de Elviña na UDC un percorrido polos diferentes camiños do amor e do maltrato. ¡Ven a velo!

O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha lacra social que a pesares das diferentes medidas e loitas segue a ser unha triste realidade que xa leva 61 mulleres víctimas este ano (73 en 2010). Mulleres de tódalas idades, por que… lembrade, tamén nos afecta ás novas!

Desde IESGA compartimos as nosas  inquedanzas e cremos que a Universidade é unha escola de formación incomparable con moitas cousas boas, e outras que poden e deben mellorar. Informar ao alumnado sobre os seus deberes e reivindicar os seus dereitos, é a nosa sinal de identidade. IESGA traballa coa intención de levar á universidad os valores de igualdade, liberdade, solidariedade, tolerancia e xustiza social e por iso este 25 de Novembro tamén queremos estar presentes.

O traballo en conxunto de todas e todo fora como dentro da debe estar cargado de compromiso, de crítica, libre de estereotipos e contra toda violencia de calquera tipo. Se educamos dende pequenos nos valores adecuados estaremos xerando un futuro mellor!

 

“La cenicienta que no quería comer perdices” de Nunila López Salamero e Myriam Cameros Sierra.

 

 

382941_246292912095858_160024260722724_718308_993529625_n

IESGA participou na IV Feira de asociacións da UDC

Iniciativa Estudiantil Galega – IESGA participou onte na feira de asociacións organizada polo servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña na Facultade de Dereito.

A feira tivo como obxectivo dar a coñecer as asociacións de alumnos que forman a UDC e as actividades que desenvolven. Ademais, puxéronse en contacto diversos servizos universitarios de interese para os propios estudantes.

A feira contou coa participación da Asociación de Estados Xerais dos Estudantes de Europa (AEGEE Coruña), a Asociación Galega de Ciencias Económicas e Empresariais (AIESEC), Asociación de Estudantes de Ciencias Económicas e Empresariais, Colectivo de Universitarios Activos (CUAC FM), Asociación Elsa, Comités, Iniciativa Estudiantil Galega (IESGA), Asociación Alheira, Asociación de Estudantes de Terapia Ocupacional de Galicia, Federación de Asociacións de Alumnos (Sindicato de Estudantes), FIC-NET Club, Grupo Coreander, Representantes de Estudantes de Dereito (REDE), Asociación EGO&ME (Espazo Galego de Movilización Escénica) e a Tuna Universitaria e como asociacións invitadas están Arquitectos Sen Fronteiras e Enxeñaría Sen Fronteiras.

manifa4 (1)

Reflexión sobre a manifestación do #9N

 

A afluencia da manifestación do pasado mércores demostra á Reitoría a firme vontade do estudantado de frear esta Normativa de Permanencia.. Dende IESGA – Iniciativa Estudantil Galega queremos expresar a nosa maior satisfacción e agradecemento pola resposta á convocatoria unitaria de mobilización, e lembrar que a acción continúa e non cesaremos ata conseguir os nosos obxectivos, facendo ver á Universidade que faremos todo o que estea nas nosas mans para deter esta lesiva afronta contra os nosos dereitos.

A desaparición da cualificación de “Non Presentado” coas súas repercusións no expediente e noutros ámbitos, a obrigatoriedad de matricularse de tódalas materias pendentes de cursos anteriores e a necesidade de ter que ter aprobada toda a carreira para poder defender o Traballo Fin de Grao responden a actitudes paternalistas e a unha normativas de dereita con afán recaudatorio que lonxe queda do noso concepto de educación universal.

Un saúdo e novamente. Gracias.
 

Perman011

Manifestación e Folga contra a nova Normativa de Permanencia da USC

IESGA – Iniciativa Estudantil Galega convoca, en conxunto coas demais asociacións estudantís principais da Universidade de Santiago, unha Mobilización xeral o vindeiro mércores día 9 de novembro que terá lugar en forma de Manifestación, que sairá ás 12.30 h da Praza do Toural de Santiago e rematará fronte a S. Xerome (a Reitoría), e máis unha folga convocada tamén para ese mesmo día.

Con estas accións o estudantado da Universidade expresamos a nosa máis fonda rexeita contra a proposta de Normativa de Permanencia da USC, que foi aprobada en Consello de Goberno o pasado 15 de xuño, en plena época de exames para evitar réplicas e minimiza-la información que nos chega.

Esta normativa, que só ten aplicación ás titulacións de Grao e Máster adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior (Plan Bolonia) e que aínda non está en vigor por non ter sido aprobada polo Consello Social, supón un dos atentados ós dereitos básicos do estudantado máis graves dos últimos tempos, ademais de ter sido realizado non á marxe do diálogo senón de costas a el, mentindo directamente á representación estudantil (e polo tanto, ó estudantado).

Lembrade que se esta lei se fai efectiva, desaparecerá a cualificación de “Non Presentado” coas súas repercusións no expediente e noutros ámbitos, será obrigatorio matricularse de tódalas materias pendentes de cursos anteriores, e teremos que ter aprobada toda a carreira para poder defender o Traballo Fin de Grao.

Só nós témo-lo poder de cambia-las cousas, e isto aféctanos directamente. Para que non pasen por riba de nós…

o 9 de novembro, sal á rúa a loitar polo que é teu!